INTRODUCCIÓN


O tema que decidimos escoller para a realización desta webquest é o dos animais. Buscabamos algo que nos dese xogo e á vez que fose interesante para que os pequenos e pequenas realizasen as actividades de forma amena. 

A creación desta webquest é unha opción de traballo para todos os docentes, que dalgún xeito favorece a aprendizaxe constructivista. Por tanto, non buscamos que esta sexa unha ferramenta de entretenemento, senón que favoreza as múltiples potencialidades do neno e da nena. 

Está dirixida a nenos e nenas de aproximadamente 4 anos.

Con esta webquest pretendemos que os pequenos e pequenas adquiran un maior coñecemento do reino animal e vexetal algo positivo para eles, xa que así coñecen o seu entorno.

Deste xeito, desenvolvemos actividades de diversos tipos: con imaxes, sons, para facer relacións... que permiten aprender dende diversas perspectivas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario