PROCESO

1. A sopa dos animais
Preséntasenos unha sopa de letras con nomes de animais.
Nesta actividade deberemos sinalar co rato as palabras, referidas aos nomes dos animais, que atopemos e que quedarán marcadas de cor azul para que a golpe de vista saibamos que temos atopado e que nos falta. Con esta actividade os pequenos establecen unha discriminación visual e espacial, posto que teñen que saber diferenciar unhas letras de outras e saber situarse dentro da manchea de letras presentes nese cadro, ademais de traballar a coordinación óculo- manual, dirixindo o rato para realizar a actividade correctamente.

2. Creamos o noso conto.
Nesta actividade deberemos de crear un conto, pero non dende cero. Dásenos a opción de elixir as situacións. Imos de paseo: quen é o protagonista? Unha nena ou un neno? Con quen nos atopamos? Que camiño collemos? Grazas as nosas eleccións imos descubrindo nomes dos animais, de obxectos que empregamos nunha viaxe polo bosque … 
Con esta actividade traballamos a atención, ademais da súa capacidade para tomar decisións posto que terán que elixir continuamente entre varias opcións. 

3. Identificamos os sons 
Unha vez situados na granxa clicamos no galo para realizar esta actividade. presentasenos uns animais e logo escoitamos un son. Debemos establecer a correcta relación entre o son do animal e este ultimo. Se clicamos no animal acertado dannos a noraboa, se pola contra fallamos danos a opción de volver a intentalo.
Con esta actividade traballamos a coordinación óculo- manual e auditivo- visual ademais da atención. 

4. Relacionamos
Unha vez na granxa dos animais, deberemos clicar na vaca para poder realizar a cuarta tarefa desta webquest. Aquí presentásenos varios animais e varios alimentos, entón temos que establecer relacións tendo en conta a procedencia destes últimos. Deste xeito os pequenos e pequenas terán que identificar os animais e as características propias de cada un para poder realizar esta tarefa correctamente. 

5. Aprendemos outros idiomas
Ao comezo da actividade podemos elixir en que lingua queremos realizala (castelán, inglés ou francés). Seleccionamos o tipo de palabras que queremos traballar (relacionadas co mundo animal, co transporte, coa cidade …) e deste xeito poderemos traballar a correcta pronunciación, escoitando e reproducindo posteriormente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario